Residencias Paraíso 2019

>Bases y toda la información

A terceira convocatoria de Residencias Paraíso xa está aquí!

Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia.

Un programa que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto.

Un proxecto nacido no corazón de Colectivo RPM e que día tras día é un pouco máis de todas. Unha suma de forzas que fai posible que na súa terceira edición Residencias Paraíso abra a convocatoria para acoller ata 10 proxectos en residencia cun importe total de 20.000 euros.

A convocatoria está aberta ata o luns 15 de febreiro para artistas de todo o panorama nacional.

This entry was posted in Ayudas a la creación, Residencias. Bookmark the permalink.