— MuroTRON

Mostra internacional de teatro de Ribadavia

Mostra internacional de teatro de Ribadavia | Do 18 ao 26 de xullo en Ribadavia, Ourense

Baixo o lema “escenas en tránsito”, a 41ª edición da MIT de Ribadavia aposta pola contemporaneidade, a diversidade, as prácticas comunitarias, a mirada feminista e os formatos híbridos.

Escenas que transitan dunha linguaxe a outra, dun corpo a outro, dun territorio a outro, que se moven e fan que nos movamos, que producen desprazamentos. Cun foco posto nas creacións que nos falan de mudanzas, que axudan a pensar o tempo presente, a coñecer e revisitar xenealoxías, e a imaxinar futuros para este mundo compartido, cada día máis complexo e interdependente.

Máis de 35 actividades entre funcións, obradoiros, encontros, foros, residencias, accións abertas á comunidade… que abordan cuestións como a memoria histórica e o seu vínculo coas historias íntimas e persoais, a identidade e o cuestionamento das fronteiras, a saúde, a disidencia, a ecoloxía ou o pensamento crítico. E que celebran a beleza e a importancia da cultura nas nosas vidas.

Máis información: Mostra internacional de teatro de Ribadavia