— MuroTRON

Technocracia

Cris Balboa – 21 de octubre en Praza do rei (Vigo)

 Technocracia trata a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluír ao público como parte esencial da peza a través das accións que se xeren.

Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar a nosa calor interna, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

 Más información y entradas.