Alén do Colectivo Glovo no Teatro Ensalle

Alén do Colectivo Glovo | Do 16 ao 18 de xaneiro no Teatro Ensalle de Vigo
ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por 4 bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada.
Nunha proposta dancística dinámica e enerxética as catro intérpretes se moven na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O derradeiro respiro antes do salto.
Nese intre, entre o derrube e o renacemento, nace ALÉN.
Máis información: Teatro Ensalle

