Un teatro sen Teatro: O caso do Teatro Principal de Compostela

«Artes vivas. O caso do Teatro Principal de Santiago de Compostela: un teatro sen teatro.»

O Concello de Santiago convoca ós axentes culturais a unha xornada (04/12/19) no Centro Sociocultural Santa Marta, co fin de facer unha diagnose que permita mellorar as políticas locais: «A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva», unha presentación de datos actualizados sobre a situación da cultura no municipio, a cargo de Mercedes Rosón, actual concelleira de Acción Cultural no goberno socialista do Pazo de Raxoi, e Marcos Lorenzo, director do estudo (encargado pola anterior concelleira Branca Novoneyra).

Datos: O orzamento en 2018 do Concello de Compostela en Cultura ascendeu a 10,2 millóns de €, dos cales 1,37 millóns destináronse á programación dun total de 737 actividades e eventos culturais que disfrutan 129.088 espectadoras (cun retorno económico por taquilla de 159.581,4€). A tasa de ocupación dos públicos do Teatro Principal é dun máis que preocupante 39,3% (a dos espazos do Auditorio é dun 74%, dato exposto que non se analizará aquí).

Situación: Non existe nin se contempla un prantexamento de regularidade na programación escénica do Teatro Principal. Espazo escénico de 1849 de estilo italiano, que é o máis estimado da programación cultural da capital galega; sito na Rúa Nova, é lugar de confluencia de rutas históricas, turísticas e culturais.
A maior parte do seu calendario anual de actividades ocúpase entre os sorprendentes 100 días de cesión ás moitas das 100 asociacións sociais e culturais da cidade (*), e a retahíla de festivais que se aglutinan sobretodo de setembro a decembro, un tras outro; ademais dos 2 meses que permanece pechado no verán (xullo e agosto).
A tal efecto, a marxe para situar unha política cultural en artes vivas e programar traballo escénico, e as expansións que o acompañan, no que é o principal escenario da cidade, resulta moi reducida; prácticamente inexistente ou residual no caso da danza. As actividades propiamente escénicas se arremolinan en días sinalados socialmente, coma o internacional da danza ou o do teatro, tamén nalgún dos pequenos festivais que acontecen, ou a través do concerto con catálogos de programación estatales que emprega de forma puntual.
Existe unha deriva inercial no traballo do Concello e a institución encargada, o Auditorio de Galicia, na xestión do recinto e a súa articulación co territorio. Inercias das que hai que tomar consciencia, reflexionar sobre as causas e aplicar os cambios en acordo as boas prácticas, apuntando á construción participada dun contexto plural.

A comparativa de públicos e gasto municipal por disciplinas é:

% gasto | % público

cinema 52,2 | 22,3
música 22,5 | 41,3
artes escénicas 12,5 | 10,6
artes visuales 7,4 | 8,4
didáctica 5,4 | 17,4

Cun gasto por espectador de 19.3€ no cinema, 4,8€ en música, 9,4€ en artes escénicas, 7,5€ en artes visuais, 2,5€ na didáctica (e 8,5€ en MEDIA).

Análise: Ó cruzar os datos evidénciase con claridade que o esforzo situado nunhas disciplinas non está equilibrado con respecto ás outras; devindo nun agravio comparativo que manifesta que non se está a atender a situación coa dilixencia, efectividade e responsabilidade esixibles á institución municipal, relativas á democratización da cultura e ós dereitos fundamentais da cidadanía de acceso a unha cultura diversa e participada. Tamén obsérvase dende un punto de vista máis prosaico, que o retorno na participación dos públicos non xustifican algúns deses esforzos en relación á falta de aposta noutras linguaxes e os seus resultados.
Non está no afán deste escrito concluir que se reduzcan as partidas económicas de determinadas actividades en favor doutras, senón denunciar a falta de recursos vinculados ó total das disciplinas e o seu reparto equilibrado, e avanzar nunha reflexión colectiva sobre a precisión e intelixencia do traballo na xestión da Institución Pública tanto nas políticas como na implementación técnica das mesmas, no uso dos recursos dispoñibles: infraestruturais, económicos, relacionais, intelectuais, persoais e temporais.

Máis datos, partidas do gasto xeral 1,37 mill.€:

Cineuropa 367.890,2 €
Curtocircuíto 187.328,8 €
Programación de teatro (de texto) 113.722,3 €
Womarts -Europa Creativa 92.393,6 €
Artes visuais / exposicións 70.800,6 €
Programa didáctico 57.529 €
Programación regular de música 55.876,2 €
Programa de abono 49.650 €
Xornadas de música contemporánea 30.991 €
Festival WOS 30.433 €
De lugares e órganos 28.432,8 €
Ciclo de Lied 27.864,6 €
Xornadas de ilustración urbana 14.567,2 €
Programación de verán 12,826,3 €
Gala premios aRitmar 11.436,7 €
Danza a escena 11.245,2 €

Arco reflexivo: Vivimos nun contexto de clara hexemonía nos planos do sensible, na que a virtualización e a superficie da imaxe imprimen o ritmo e o cauce da construcción das identidades individuais, sociais e políticas, coa súa consecuente articulación cultural. A palabra e o sonoro pechan a terna. É trascendental reconciliarse con outras formas de achegarse ó real. De sentir e pensar o real e as súas manifestacións, nas que o corpo e a súa temporalidade, o devir crítico de seu, ten moito que sumar e acompañar dende o rango performativo que desenrola na Arte; promovendo, así, o cambio no acontecer do paradigma no que estamos inmersos: inercial, en fuga. De cara a actualizalo, entrando na contemporaneidade.
É importante darse conta das ausencias na construción da intelixencia e das estratexias que sosteñan a desarticulación das hexemonías que traballan a nosa subxetividade ó noso pesar, tácita ou inconscientemente. Aquí, por suposto, as artes e os seus procesos toman especial relevancia, pois activan tales afectos e sitúan outras formas de mobilizar a nosa potencia, as nosas nostalxias e o modo en que nos relacionamos social e políticamente.

Conclusións e suxerencias: Resulta evidente que hai que construir unha política participada polos axentes culturais locais, e o resto de forzas que se sintan interpeladas, que afecte e acompañe ó desenvolvemento do Teatro Principal: grupos de investigación, plan de usos, unha programación plural e expandida, a convocatoria pública e a concurso da súa dirección artística (para que se desenrole un concepto que vertebre a realidade do recinto), residencias técnicas, etc; en definitiva: levar vida. Os axentes técnicos do Concello en soidade non están capacitados para a ideación e implementación dunha curaduría artística para o Teatro Principal e actualizar os modos de relación coa acción cultural do territorio.
Compostela é a capital de Galicia, e merece un Teatro xeneroso que traballe e axude a construir un contexto cultural máis interesante para todas. É urxente e necesario accionar dinámicas de traballo que abran un horizonte relacional e aceptar e reivindicar que nun teatro hai que practicar artes vivas: danza, poesía, performance, teatro físico, de texto, de obxectos, acción, títeres, músicas, pensamento, etc. Onde tamén ten lugar o cinema, claro.
Para drenar os contidos que, na actualidade, están a asfixiar o Teatro Principal, resulta tamén evidente que hai que cambiar a política das cesións ás asociacións dos 100 días a un máximo de 30, pois se trata dun teatro profesional que debe ter un plan de actuación, propoñendo unha nova articulación desta actividade de grupos na cidade; e repartir por outros espazos moitas das actividades dos festivais municipais que fan un uso exclusivo do Teatro, artellando Museos, Centros Socioculturais (cun orzamento anual de 2,5 millóns de €) e outros, achegando, así, tales contidos culturais ós barrios e outros públicos. Situando o traballo (**).
Un aplicarse firmemente na implementación dos Dereitos de Participación e Acceso a unha Cultura diversa, de obrigado e especial cumprimento polas administracións locais, por ser precisamente as que están cerca do cidadá, etc. Tales son os pasos vivos que se reflicten dunha mirada transversal do cruce dos datos ofrecidos polo estudo do Concello en relación ó Teatro Principal e os seus feitos programáticos. Un espazo que preocupa, e xustificadamente, a todo axente cultural, aquí en Galicia, por ver a súa deriva allea ás artes vivas.

Cómo é posible que o principal teatro da capital de Galicia non coide ás artes escénicas? A qué se debe que nun dos contextos nos que se formaron tantas artistas galegas nas artes vivas non se poda continuar a construir traballo e contexto cultural? Cómo é posible que se deixe de usar a plataforma galescena da Agadic para a contratación das compañías de danza galegas co apoio orzamental que supón para as arcas públicas locais? Qué modelo de Teatro Principal queremos? (***).

«Artes vivas. O caso do Teatro Principal de Santiago de Compostela: un teatro sen teatro.»

nota (*) Hai 100 asociacións culturais en Santiago e 100 días de cesión do Teatro Principal: 16 son de teatros e espectáculos, 47 musicáis, 2 de humanidades, 1 histórica, 19 de festexos, ocio e tempo libre, 4 de defensa do patrimonio, 2 de cultura popular e gastronomía e 9 de artes (segundo o rexistro de asociacións da Xunta de Galicia).

nota (**) É importante sinalar que un 49% das persoas de Compostela afirma, segundo datos do estudo do Concello, non asistir a ninguna actividade cultural. Queda claro que non se sinten interpeladas.

nota (***) bit.ly/2RlLKnt Cara a unha escena plural | BenCuriosa

Compostela Cultura Universidade de Santiago de Compostela Consorcio de la Ciudad de Santiago Cultura da Deputación da Coruña Consello Da Cultura Galega Agpxc Xestores Culturais Rede Galega de Teatros e Auditorios

Cara a unha escena plural, reflexións diversas:
 
“Isto é o teatro, bonita, non sexas vergoñosa”
Texto 1. Juancho Gianzo:
 
“Acción cultural: ausencias y apariciones”
Texto 2. Javier Martín:
 
“Diversificar a programación. O caso de Carballo”
Texto 3. Gena Baamonde e Carmen Castro:
 
“Cantas somos invisibles aquí?”
Texto 4. Anxela Blanco:
 
“Eu son o que se di unha miñoca galega”
Texto 5. Cris Bal Boa:
 
“O mapa do contexto fala por si mesmo”
Texto 6. Manu Lago:
 
“Qué puede un teatro y un artista juntos?”
Texto 7. Caterina Varela:
 
“Artes vivas e arredores. Isto é moito máis”
Texto 8. Sabela Mendoza:

About javiermartin

www.javiermartin.gal
This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.