“11 EDICIONES DE CORPO(A)TERRA ROBADAS” texto de Matías Daporta

Mentres o sector esixe lexitimidade e recoñecemento social, dentro do mesmo permitímonos saltarnos todos os principios éticos que rixen as boas prácticas que o mesmo sector definiu. A continuación un analise sobre un premio a un roubo.
Hai unhas semanas comunicáronse os proxectos gañadores do premio Rodolfo Prada á xestión cultural. Un premio único en Galicia que premia as boas prácticas en xestión cultural. Un premio necesario y pertinente xa que visibilizar estes roles ás veces invisibles e pon a xestión cultural en valor diante da sociedade e as institucións. Pero este ano, na súa sexta edición, resultou premiado un proxecto de dubidosa ética e que non cumpre as bases. Este feito pon en perigo a lexitimidade do premio e mancha a reputación de Rodolfo Prada, profesional que lle da nome ao premio polo seu compromiso histórico coa cultura en Galiza.
A continuación expoñerei as razóns polas que a organización e o comité do premio Rodolfo Prada, a cargo da Deputación de Ourense, debe considerar a retirada do premio ao festival ABANEA con urxencia. Comezarei contextualizando formalmente o festival en cuestión e continuarei enumerando unha serie de datos que o ilexitiman a ser premiado. Finalmente demostrarei como a dirección de ABANEA exerceu un roubo dun patrimonio inmaterial e colectivo.
O festival ABANEA é un festival de danza e movemento na rúa de primeira xeración. Isto significa que o ano pasado, 2022, realizou a súa primeira e única edición. O premio Rodolfo Prada non premia individuos, senón proxectos e o primeiro punto das súas bases estabrece ter unha traxectoria para candidatarse (punto número 1 do artigo 3 das bases do premio). Mais este festival carece de traxectoria algunha, tampouco a Asociación que o organiza, e por tanto, resulta dificil de comprender que xa reciba honores pola súa xestión.
Ademais, o festival premiouse pola provincia de A Coruña, mais o festival ubícase nas provincias de Ourense e Pontevedra. Costa comprender que premien a un festival deste xeito, habendo na provincia de A Coruña festivais con moita máis traxectoria e puidendo o xurado candidatar eles mesmos proxectos non presentados (punto número 3 do artigo 3 das bases do premio).
De todas maneiras, as razóns que me levan a escribir estas liñas son moito máis complexas e urxentes para a comunidade cultural e profesional da Galiza. Como algunhas lectoras saberán, o ano anterior á primeira edición do festival ABANEA, organizouse a última edición, a onceava, do festival Corpo(a)Terra. Aconteceu nas mesmas localizacións, nas rúas de Gondomar (A Coruña) e Allariz (Ourense). C(a)T foi un festival de artes do corpo na rúa que tiña orixinalmente como sede a cidade de Ourense. Durante dez anos as prazas e rúas da cidade acolleron a artistas do corpo de Galicia, de España e do estranxeiro para o gozo dos paseantes e do sector. Mais, por desacordos co Concello de Ourense a dirección da asociación organizadora, Traspediante, considerou que era tempo de marchar. A opción foi Gondomar.
O festival C(a)T comezou as súas andanzas cun grupo de artistas amigas, do que eu mesmo formaba parte, querendo dinamizar a cidade e o sector. As directoras do festival inicialmente foron Begoña Cuquejo e Marta Alonso, e para facelo realidade estivemos colaborando de forma altruista: Maciej Sado, Paulina Funes, Cristina Balboa, Estevo Creus e un gran e diverso número de artistas. A primeira edición foi un éxito e instaurou un festival único en Galicia: xestionado de forma colectiva, horizontal e feminista. As 11 edicións destacaron polo esforzo que poñían na creación de comunidade, no estar xuntas e no coidado de todas por todas. Era un festival con poucos fondos, pero cuxa precariedade era compensada polo trato e o cariño.
As dúas directoras do festival ABANEA, Marta Alonso e Paula Quintas, formaban parte da xunta directiva de Traspediante e da dirección de Corpo(a)Terra, tendo a Begoña Cuquejo como presidenta. Quintas comezou a traballar co festival facendo o catering, e pasou a formar parte da xunta anos máis tarde dentro do espírito colectivo da presidenta. A maioría do colectivo orixinario seguiu traballando co festival ata a súa defunción.
As directoras de Corpo(a)Terra, tras un conflicto interno en xaneiro de 2022 (o conflicto detrás da decisión non atende ao caso), decidiron acudir a unha facilitadora profesional para atopar unha solución. Marta Alonso e Paula Quintas forzaron que o único consenso fose o peche total do festival e a Asociación Traspediante, en contra inicialmente da presidenta e a colectividade.
O acordo chegado coas facilitadora implicaba que a xunta pecharía todo o que foi xerado pola asociación nos 14 anos de existencia e polo festival durante as once edicións. Esto conlevaría a cancelación do recentemente apalabrado convenio de C(a)T co Agadic, que prometía reducir considerablemente a carga de traballo en xestión e burocracia e que convertiría o festival nun estratéxico da cultura galega. Tamén deberíanse interrompir as relacións institucionais como a da Redacieloabierto (Rede de festivais de danza contemporanea en espacios non convencionais) ou perder a puntuaxe pola traxectoria da Asociación na deputación da Coruña.
Para sorpresa dalgunha de nós, pouco despois, Marta Alonso e Paula Quintas anunciaron públicamente a primeira edición do festival ABANEA. Este presentábase nas mesmas cidades da última edición do defunto Corpo(a)Terra, Allariz e Gondomar. Compartía tamén unha estética similar e parte da programación acordada para a doceava edición de Corpo(a)Terra. O festival ABANEA era unha descarada réplica do Corpo(a)Terra. Non lle deixaron nin que arrefrecera.
O caso de ABANEA representa a día de hoxe un caso de roubo patrimonial inmaterial, social e colectivo. Un roubo contra o festival Corpo(a)Terra, a Asociación Traspediante e a todas as persoas que formaron parte destes proxectos durante anos.
Costa falar de roubo cando algo parece non ter corpo, como pode ser un festival. Mais C(a)T si tiña corpo, o festival tiña moitos corpos, e unha filosofía de traballo, unha enerxía propia, un prestixio, unha metodoloxía de traballo e unha forma de pensar a rúa e a danza.
A forma de traballar as prazas foi deseñada pola ex-directora de Traspediante, Begoña Cuquejo, que se inspiraba en En pé de Pedra, e agora replícanse en ABANEA. A rede na que está metida Abanea era a rede de C(a)T. De feito, a presenza do novo festival nesta rede tamén é cuestionable xa que os estatutos da Red a Cielo Abierto esixían que festivais tivesen a lo menos duas edición para poder formar parte desta. A relación económica de ABANEA co AGADIC e un traspaso ilexítimo do convenio prometido a Corpo(a)Terra e pertencía a sua comunidade, a todas o que o fixemos posible durante tantos anos. A dirección non respetou o acordo asinado e tampouco á colectividade. ABANEA é unha copia, unha versión sen alma, unha comunidade rota. A lo menos sabemos que haberá sempre unha diferencia enorme entre ambos festivais, C(a)T organizábase dende a colectividade e as artes do corpo, e Abanea como unha plataforma profesional para promocionar ás directoras, coa danza como excusa.
No acordo de peche pódese ler que se propuxo buscar a unha nova dirección para C(a)T, mais consideraron que non confiaban en ninguén para levalo a cabo. Disto conclúese que as directoras de ABANEA aproveitáronse dun sistema asociativo trampa, xa que formalmente asociación Traspediante non tiña socias, para pechalo sen dar contas a comunidade e así promover un festival que sería o mesmo que o anterior pero sen a responsabilidade colectiva que implicaba dirixir o anterior.
Non sei como foron as conversas da dirección de Abanea coas institucións para herdar tódolos beneficios de C(a)T, pero non poden ser exemplo de boas prácticas en xestión cultural e non deberían premiarse. A deputación de Ourense ten que iniciar unha investigación sobre a lexitimidade deste premio e considerar a súa retirada.
Se queremos un premio a xestión cultural que prestixie a profesión, necesitamos que os proxectos premiados estén á altura do sector. Un premio debe esixir excelencia e uns mínimos de ética e boas prácticas, non mera existencia.
This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.