
Gracias totales | Espazo RPM
VENRES
19 DE DECEMBRO DE 2025
20 HORAS
ESPAZO RPM
Rúa San Carlos 8 baixo 2
15001 A Coruña
——————————
INSCRICIÓN
Gracias totales é un ritual de agradecemento arredor dunha mesa. É unha posta en situación que reúne textos, discursos, xestos e movementos arredor do simple feito de dar as grazas. Unha peza relacional onde o ritual comparte espazo coa comida, a conversa, a maxia, a investigación dun xesto ou dunha palabra.
Un grupo de persoas xúntase arredor dunha mesa para lembrar e invocar artistas, poetas, cantantes ou actrices que souberon agradecer de forma fermosa. Indagan en linguas descoñecidas –do quechua ao islandés pasando polo xaponés– a contaxiosa sonoridade da gratitude, a súa textura, o seu sabor, o arrecendo que desprende, o seu poder sutilmente transformador, e mentres o fan hai algo neles que se predispón mellor, algo así como unha sanación.
Ao mesmo tempo, mentres se escoitan agradecer e se agradecen, os performers van construíndo no centro da mesa un pequeno altar que alimentan con fotos familiares, libros, colares, plantas, cunchas, pedras, talismáns, etc.; toda unha serie de obxectos que conforman a ofrenda viva do agradecemento, o seu rexistro máis fiel e palpable, ofrecendo ao outro facer o propio. Porque, ao fin e ao cabo, nunca agradecemos o suficiente, e agradecer non ten data de caducidade.
Compañía La Soledad
Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi fundaron en Bogotá no ano 2011 a Compañía La Soledad, oxímoro que aproveitan para unir compañías itinerantes ás súas irremediables soidades.
Desenvolven, así, desde hai máis de dez anos, proxectos de literatura amplificada, teatro ou performance onde os textos –poemas, manifestos, cancións, grafitis– se len e interpretan de maneira poética e lúdica, en roce e recollimento con outras disciplinas, escenificando a cor, a voz, o arrecendo e mesmo o tacto da(s) escritura(s).
Nas súas montaxes traballan a palabra en relación coa paisaxe e co contexto local onde realizan as obras, cada unha das cales xera o seu propio dispositivo e deixa varias estelas: a do propio proxecto estreado e outra, máis sutil e colectiva, incluso máis duradeira, que contempla a rede vincular que se teceu na previa á estrea, hibridando disciplinas e saberes, plataformas e linguaxes, préstamos e trocos.

About marccaellas
Marc Caellas, natural de Barcelona, es un artista que trabaja con la escritura, el teatro, la performance o la curaduría en proyectos híbridos que devienen libros, obras de teatro, instalaciones o programas públicos y festivales.
Sus dos últimos libros publicados son Notas de suicidio (La Uña rota, 2022) y Dos hombres que caminan (Menguantes, 2022), éste escrito a cuatro manos con Esteban Feune de Colombi. Antes, publicó Carcelona (Melusina, 2011), Caracaos (Melusina, 2015), Drogotá (Planeta, 2017), Neuros Aires (Libros del Zorzal, 2020) y Teatro del bueno (Teatron tinta, 2015).
Ha participado en numerosos festivales nacionales e internacionales de literatura o artes escénicas como el Festival Iberoamericano de Teatro Bogotá, Festival de Palco e Rúa de Belo Horizonte (Brasil), Bienal de Literatura de Sao Paulo, FILBA (Buenos Aires), Festival Estival (San Martín de los Andes), FIT Cádiz, Festival TNT, Festival IDEM Casa Encendida, Festival Escenas do Cambio (Santiago), Festival Kosmopolis (CCCB), Festival de las Ideas (Madrid), Festival Cuéntalo (Logroño), Festival Nudo (Barcelona), Festival Open Heart (Lanzarote), Meet You (Valladolid), Festival WHIM (Frías), entre otros.
Ha sido artista residente en Conde Duque Madrid, Tokyo Arts and Space, Nau Coclea y Ca’n Timoner Mallorca.
Ha sido reconocido, en dos ocaciones, con las ayudas a la creación literaria del Ministerio de Cultura, ha sido premiado con las ayudas Iberescena a la co-producción teatral y ha sido finalista al premio BBVA a la mejor obra de teatro con Suicide Notes.
Ha impartido cursos de escritura creativa, creación escénica o nuevas dramaturgias en el Museo del Chopo, el Centro de Arte Conde Duque, la Universidad de Barcelona, Universidad Central de Venezuela, Universidad de los Andes y Universidad del Atlántico.
Han dicho de él
Sus libros y obras, a través de una suerte de extrañamiento respecto a lo que se trabaja, plantean preguntas que no llegan a materializarse de manera concreta nunca, como si quisieran expresar algo que no hay modo de explicar, asumiendo que en algún lugar espera aquello que no entendemos y que, sin embargo, no deja de sostenernos.
Juan Trejo
Los posdramaturgos Marc Caellas y Esteban Feune de Colombi también diseñaron coreografías complejas en sus paseos por el delta del Río Besós (en la obra Qué es el agua). Sus propuestas nos ayudan a ver los conflictos medioambientales y políticos mediante perspectivas poéticas o artísticas. Y nos recuerdan que esa es una de las funciones del artista en nuestra época. Ser DJ o curador, arquitecto dinámico: el coreógrafo de estructuras híbridas que conviertan nuestras mentes en escenarios donde colisionen las ideas con la emoción.
Jorge Carrión
In a variety of ways Marc’s works blend media, literature, and theater into happenings and reading experiences that do not merely comment on our present, but help readers and audience-goers rethink their position in it. In these remixes, Marc shines a light on the paradoxes and hypocrisies that sustain our globalized, mediatic world, even as he allows us to feel viscerally the darknesses that we (unthinkingly? willingly? begrudgingly?) accept as our reality.
Tania Gentic